Onde e por que


Dá igual onde esteas, xa que podes facerche soci@ dende calquera lugar do mundo (..hai galegos na lúa). Establecemos un diálogo Atlético dende San Diego (California, EE.UU.) ao resto do mundo e viceversa. San Diego é a terra dos Indios, alcume co que se nos coñece a l@s seareiros Atléticos. Na bandeira do estado de California aparece un oso, como tamén no escudo do Atlético. Ademais, as cores do noso escudo coinciden cos da bandeira de EE.UU.; Mesmo en ambos hai estrelas!

Reunímonos en San Diego cando xogamos contra o Real Madrid e cando xogamos algunha final. Os soci@s que non están fisicamente en San Diego poden sempre unirse á celebración, xa que o evento retrasmítese por YouTube en directo. Se estás sol@ en Katmandú, en Albion, en Parla, en Cacheiras ou onde sexa e non tes a ninguén con quen celebrar os goles do Atleti, Non te preocupes! Conéctache connosco e goza!

Foto tomada en Chicano Park (San Diego) por Steve Boucher, lugar de veneración e culto Atlético da Pena Atlética San Diego de Torrexón de Ardoz (PASaDA). Algún día seremos miles. Levanta Atleti!